Máis de 35 estudantes do Instituto de Mugardos viaxarán a Bruxelas para coñecer en primeira persoa o funcionamento diario do Parlamento Europeo. Os mozos terán a oportunidade de visitar unha Sesión Parlamentaria para poder comprender o funcionamento deste tipo de Institucións.
A estadía no país do chocolate será de catro días, nos cales poderán visitar a propia cidade de Bruxelas, Gantes e Bruxas.
En breve publicaremos as fotografías que aló se puideron capturar.
martes, 6 de marzo de 2007
Concurso de pintura PIÑEIRO POSE - BELLO PIÑEIRO.
Como cada ano, o Concello da vila de Mugardos, xa anda a organizar o concurso de pintura no que se pretenden atopar os novos talentos entre os habitantes de toda a Bisbarra.As normas son básicas e sinxelas:1. Pódese presentar unha obra, sexa óleo, acuarela, lápiz ou pastel.2. Tódalas obras deberán estar enmarcadas, e no caso das tres últimas obras enumeradas, deberán ter un cristal a modo de protección.3. O tema debe ser exclusivamente PAISAXE GALEGA.4. As mellores obras, escollidas por un xurado, serán recompensadas con premios en metálico.As bases do concurso están tanto no Edificio Consistorial como na Casa da Cultura do concello de Mugardos.
Por que?
Os creadores deste blog, como alumnos do I.E.S. Mugardos, complácense de presentar o seu espazo web no que se aportará unha visión de utilización do galego en tódolos ámbitos da sociedade. Normalización Lingüística ten como finalidade a recuperación do idioma propio e unha constante loita pola integración da lingua tanto nos espazos públicos coma privados. Este blog xurdiu grazas á nosa profesora de Lingua e Literatura Galega, Anxos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)