martes, 6 de marzo de 2007

Concurso de pintura PIÑEIRO POSE - BELLO PIÑEIRO.

Como cada ano, o Concello da vila de Mugardos, xa anda a organizar o concurso de pintura no que se pretenden atopar os novos talentos entre os habitantes de toda a Bisbarra.As normas son básicas e sinxelas:1. Pódese presentar unha obra, sexa óleo, acuarela, lápiz ou pastel.2. Tódalas obras deberán estar enmarcadas, e no caso das tres últimas obras enumeradas, deberán ter un cristal a modo de protección.3. O tema debe ser exclusivamente PAISAXE GALEGA.4. As mellores obras, escollidas por un xurado, serán recompensadas con premios en metálico.As bases do concurso están tanto no Edificio Consistorial como na Casa da Cultura do concello de Mugardos.

No hay comentarios: