Máis de 35 estudantes do Instituto de Mugardos viaxarán a Bruxelas para coñecer en primeira persoa o funcionamento diario do Parlamento Europeo. Os mozos terán a oportunidade de visitar unha Sesión Parlamentaria para poder comprender o funcionamento deste tipo de Institucións.
A estadía no país do chocolate será de catro días, nos cales poderán visitar a propia cidade de Bruxelas, Gantes e Bruxas.
En breve publicaremos as fotografías que aló se puideron capturar.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario